Arquieparquía católica caldea de Arbil
Aparencia
Coord.: 36°12′N 44°00′L / 36.2, 44
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 450.000 (1969) | |||
Lingua usada | lingua árabe | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Creación | 7 de marzo de 1968 | |||
Catedral | St. Joseph's Cathedral, Ankawa (en) | |||
Páxina web | chaldean-church.com |
A arquieparquía católica caldea de Arbil (en latín: Archieparchia Arbilensis Chaldaeorum, en árabe: إيبارشية أربيل الكلدانية) é unha sé da Igrexa Católica Caldea, inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Babilonia,situada na cidade do Kurdistán iraquí de Arbil. En 2012 contaba con 30.000 bautizados, sendo o seu arcebispo nesta data Baxar Uarda, C.SS.R.
Historia
[editar | editar a fonte]Arbil é a ex-sé metropolitana de Adiabena, que no século XIII perdeu tal consideración en favor de Mosul. O aumento da poboación católica no século XX axudou a restaurar a arquieparquía o 7 de marzo de 1968 por Paulo VI.[1].
Territorio
[editar | editar a fonte]O territorio está subdividido en sete parroquias e ten a súa sede en Ankawa, na periferia de Arbil.[2]
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Estevo Babaca (Babeka) † (1969 - 1994)
- Hanna Markho † (1994 - 1996)
- Santiago Ishaq (1997 - 1999)
- Xacobe Denha Scher † (2001 - 2005)
- Sé vacante (2005-2010)
- Baxar Uarda, C.Ss.R., (24 de maio 2010 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bēṯ Lapaṭ". Encyclopaedia Iranica IV. 1989. pp. 187–188.
- ↑ Synodicon Orientale
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de maio de 2016. (en inglés)
- Ficha en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)